A nosa asociación participou nas Xornadas "Memoria Viva" celebradas en Candás
O pasado sábado 12 de outubro, unha representación da nosa asociación estivo en Candás, Asturias, para participar nas Xornadas de Memoria Viva que organiza a CNT desa localidade. Uris, Laruelo e Freitas foron os relatores da charla titulada "Octubre del 37. El precio de la derrota". Laruelo centrou a súa intervención na Caída do Frente Norte e as consecuencias que tivo; Uris falou do Campo de Concentración de Camposancos e da Fosa Común de Sestás e da súa relación con Asturias; Freitas comentou os obxectivos da nosa asociación. O acto fechouse coa interpretación da canción Asturias de Víctor Manuel interpretada por Ladro. Queremos agradecer a invitación da CNT e a acollida que nos deron.
Actos de homenaxe aos defensores da democracia asasinados polo franquismo
O 19 de setembro de 2024, celebráronse senllos actos de homenaxe e recordo aos 49 republicanos asasinados polos franquistas soterrados na Fosa Común de Sestás.
As 7 da tarde realizouse Ofrenda Floral no cemiterio de Sestás, como vense facendo dende os anos oitenta por parte de Comisións Obreiras, e coa colaboración dende a súa fundación, da ARMH do Campo de Concentración de Camposancos e a Fosa Común de Sestás.
Asistiu un nutrido grupo de Comisións Obreiras de Vigo e de Asturias así como de persoas da A Guarda.
Iniciouse o acto coa presentación por parte do Secretario do Sindicato de Pensionistas Alberto Torres. De seguido falou o Presidente da nosa Asociación, José A Dominguez Freitas, recordando a orixe do monumento, así como a necesidade de manter o lugar limpo e ordenado, sen bandeiras ou símbolos partidistas, unicamente a bandeira republicana que foi a que defenderon e pola que morreron os alí soterrados. A continuación, interviu Conchita Fernández en representación da Fundación Muñiz Zapico. De seguido falou o Presidente da Fundación 10 de Marzo, Jesús A Castro Bahamonde. Pechou as intervencións Montse Carrera, a Secretaria Xeral de CCOO de Vigo.
O acto rematou, coa lectura por parte dos asistentes, dos nomes de cada un dos 49 soterrados na fosa común e coa interpretación da A Internacional polo Coro Cantos de Liberdade.
As 8 da tarde, no salón de plenos do Concello, tivo lugar a conferencia do Catedrático Xesús Alonso Montero "DOUS POETAS GALEGOS FUSILADOS EN AGOSTO DO 36 POLOS SUBLEVADOS FRANQUISTAS", seguida con interese polo numeroso público asistente. A continuación actuou o coro Cantos de Liberdade, interpretando cancións representativas da loita antifascista e polas liberdades.
para leer os textos da conferencia preme no botón de abaixo
Gran afluencia de guardeses na Homenxe a Brasilino Álvarez, último alcalde republicano da Guarda
O sábado, día 15 de xuño, ás 12h, celebrouse na rúa onde estaba a casa na que naceu Brasilino, o acto organizado pola nosa asociación coa colaboración do Concello e a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa. No lugar hoxe coñecido como A Figueira, por haber na antiga vivenda una enorme figueira, e na actualidade, outra tamén.
A resposta da xente superou as nosas expectativas: as cen tarxetas postais que fixo a Sociedade Filatélica non chegaron a nada e moitas persoas quedaron sen ela.
Ademais de tomar a palabra os membros da nosa Asociación, Freitas e Uris, quen fixo unha semblanza biográfica do homenaxeado, Carmen Gloria, filla de Brasilino, deu un discurso no que manifestou sentirse moi emocionada e agradecida por este acto de recoñecemento ó seu pai, e destacou que, a pesar de todo, "la actitud generosa y positiva de mi madre hizo que pudiéramos crecer como una familia normal, sin alimentar en nosotros ni el odio ni el rencor, aunque también sin olvidar lo sucedido". Ó remate do acto, que contou coa música de Cinthia Lomba, Carmen Gloria e Freitas descubriron o monolito e a placa que ten esta inscrición: Aquí estaba a casa na que naceu Brasilino Álvarez (1894-1936), último alcalde republicano do concello da Guarda.
intervención de José A. Uris Guisantes
preme o botón de abaixo para acceder
Daniel Pazó Vila: un republicano nunca vencido
Nuevatibuna.es adica este artigo á memoria de Daniel Pazó Vila, militar republicano represaliado. Dáse a circunstancia de que o seu fillo, Daniel Pazó Piedra, colaborador da nosa Asociación, é o autor do monumento na tumba de Cleominio Muñiz Lorenzo no cemiterio de Camposancos aos sete primeiros republicanos falecidos no Campo de Concentración de Camposancos : Cleominio Muñiz Lorenzo de Avilés; Anastasio Hernández Martín de Salamanca, veciño de Matico (Bilbao); Maximino Díez Llorente de Don Juan (León), veciño de Xixón; Isidoro Prieto Polo de Mieres (Asturias); Ramón Llerandi Vallejo de Villamayor - Piloña (Oviedo); Camilo Álvarez Hernández de San Martín de Iruña (Oviedo) e Camilo Arango García de Los Cabos (Oviedo).
II Xornadas de Memória Histórica
19, 22, 23 de marzo e 2 de abril
Onte, coas conferencias impartidas por Emilio Grandío e Fernando Serrulla, finalizaron as II Xornadas de Memoria Histórica que organizamos co IES A Sangriña. Despois das catro xornadas nas que tivemos tamén a Paulo Torres Bento e Marcelino Laruelo, e a novidade da Andaina Memorialista, facemos unha avaliación positiva en canto á participación e ás opinións favorables de moitos deles. Isto anímanos, tanto ó IES como a nós , a seguir celebrando estas Xornadas.
"A Guerra de Espanha. O Concelho de Caminha e o Alto Minho ao tempo do conflito: 1936-1939"
Paulino Torres Bento
"Luchar por la libertad. Defender al prisionero"
Marcelino Laruelo Roa
Andaina memorialista: Dende a fosa común de Sestás ata o campo de concentración de Camposancos.
Guiada por José A Uris e Marcelino Laruelo
"Recuperando o pasado: Da Memoria Histórica A Memoria Democrática. Pasado arrinconado: Lugares de Memoria en Galicia."
Emilio Grandío Seoane
"Antropolóxía forense do Plan Cuatrienal de fosas en Galicia. Acción forense humanitaria na Guerra de España"
Fernando Serrulla Rech
Uris recibe o Premio 10 de marzo polo seu "compromiso de vida en defensa da memoria democrática"
Como cada ano, este 2 de marzo celebrouse en Santiago de Compostela a entrega dos Premios 10 de marzo, coa que o Sindicato Nacional de Galicia de CCOO homenaxea ás persoas que "loitaron" polas liberdades sociopolíticas e que destacaron polo seu "compromiso" na consecución da democracia.
Recibiron os premios de 2024, José Antonio Uris, por "un compromiso de vida en defensa da memoria democrática", Dolores Fernández Galiño, polo seu "compromiso feminista" dentro de toda a súa traxectoria vital, e José Manuel Sánchez Aguión ,"polo seu compromiso social".
O fillo do preso Eladio Prieto Redondo visita o Campo de Concentración
O martes 13 de febreiro estivemos na Pasaxe atendendo a Emilio Prieto
Jiménez, fillo de Eladio Prieto Redondo, natural de Toledo,
prisioneiro republicano que estivo interno no campo de concentración
de Camposancos.
Procedía da prisión sita no convento de San
Bernardo en Toledo, habilitada primeiro como campo concentración
dende setembro de 1937 a setembro de 1939, por onde pasaron preto de
10.000 prisioneiros e logo como prisión. Nesta prisión estivera o
Hospital de Sangre do exército republicano.
Eladio estivo
interno en Camposancos preto de un ano para despois ser trasladado a prisión
Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela.
O presidente
da Asociación José M. Domínguez Freitas xunto a José A. Rodríguez
Portela e José A. Uris acompañamos a Emilio, a súa esposa Mª
Dolores e outro matrimonio amigo, explicámoslle todo o concernente
ao campo de Concentración ao igual que na visita a Fosa Común de
Sestás.
Emilio Prieto Redondo explica nestes vídeos a súa visita:
Artigo de Xesús Alonso Montero en
La Voz de Galicia o 03/11/2023
Máns anóminas manteñen vivo o recordo dos 49 soterrados en Sestás
Hoxe, como durante a represión franquista, a xente boa e xenerosa sempre se lembra dos 49 defensores republicanos que alí están, depositando ramos e coroas fermosas.
Ian Gibson recibe a unha delegación da nosa Asociación
Ian Gibson, o filólogo hispanista e historiador sobre Lorca e a Guerra Civil estivo no Parador de Turismo de Tui. Aproveitando a ocasión, o venres 21 de xullo, unha delegación da nosa Asociación composta por José Manuel Domínguez Freitas e José A. Uris Guisantes, fíxolle unha vista. Ian Gibson nos recibiu amablemente e, pola nosa parte, entregámoslle un exemplar do libro A Porta do Inferno e convidámolo a participar nas II Xornadas de Memoria Histórica na Guarda.
Presentación de A porta do inferno na Semana Negra de Xixón
A Semana Negra de Xixón é un evento literario e cultural e literario que se celebra na cidade de Xixón dende 1987. Entre outras actividades, organízanse presentacións de novidades editoriais coa asistencia de autores de diversos xéneros literarios, principalmente novela negra e histórica, pero tamén ensaios históricos e divulgativos.
O tema deste ano era "Memoria e Historia" e neste contexto, e coa inestimable colaboración da Fundación Muñiz Zapico de Asturias, o domingo 9 de xullo tivo lugar a presentación de A porta do inferno, a cargo dos seus autores, José Antonio Uris e Victor Santidrián. Asimesmo, participaron na mesa redonda o presidente da nosa asociación José Manuel Domínguez Freitas e Ana Terrón, familiar de Gregorio Bañuelos, condenado en Camposancos e fusilado o 2 de xullo de 1938.
Os asistentes seguiron as explicaciós con muito interese e emoción, xa que entre eles topábanse familiares de persoas que estiveran no campo de concentración.
Reiteramos o noso agradecemento á organización polas facilidades e axuda tanto na presentación como na divulgación da laboura que a nosa Asociación está a facer pola recuperación da memoria.
El 6 de mayo de 2023, en el madrileño cementerio de Fuencarral y organizado por la Asociación de Descendientes del Exilio español se celebró un acto de Memoria democrática y homenaje.
"Estoy cansada de no saber dónde morirme"
María teresa León.
Estas eran las palabras que repetía Mª Teresa durante su exilio.
Quizás para no olvidarse de lo que le habían hecho o para recordar que todavía le aguardaba el regreso.
El 6 de mayo de 2023, en el madrileño cementerio de Fuencarral y organizado por la Asociación de Descendientes del Exilio español se celebró un acto de Memoria democrática y homenaje.
Tibiamente calentaba el sol aquella mañana de cielo azul cuando fueron llegando las 200 personas que se congregaron, claveles rojos en mano, ante el monumento funerario que honra la memoria de los miles de españoles y españolas a los que por la fuerza le arrebataron su patria aquél inolvidable 1.936.
La presentadora del acto agradeció la presencia de los asistentes, haciendo especial mención a los representantes de: Suiza, Venezuela, Francia, CC.OO. y El Mº de Presidencia del Gobierno de España.
Tomó la palabra la presidenta de la Asociación organizadora, que expuso varias claves de la dimensión de la tragedia que supuso para compatriotas españoles verse obligados a abandonar la tierra que amaban, y el desgarro de dejar atrás familias y hogares, en el intento de salvar la vida. Intento que fructificó en algunos casos, pero no en muchos otros, porque el fascismo y el nazismo no dejó rincón seguro en Europa.
El joven representante de CC.OO. señaló la importancia de celebrar actos de Memoria en estos tiempos en los que recorren Europa vientos de ultraderecha, porque, si bien la historia no se repite, puede rimar. Relató sus visitas por algunos de los campos de concentración europeos donde murieron cientos de españoles, entregados por Franco a Hitler o atrapados en el infierno del capitalismo alemán, que recurrió a la más violenta e inhumana respuesta para tratar de resolver sus problemas: El genocidio de millones de inocentes
La intervención del embajador de Suiza en España puso el punto más alto en las emociones del momento. Lleva Bosques de apellido y desempeñó los dos papeles con los que asistía al acto. Como embajador nos recordó que Suiza había sido tierra de acogida de una ilustre española: Clara Campoamor, que vivió en aquel país, olvidada por el nuestro, que tanto le debía. Y le debe.
Con un clavel abriendo la página del libro que recoge la biografía de su abuelo, Gilberto Bosques Zaldivar, nos trajo sus recuerdos de infancia, visiblemente contenido para nos desbordar lágrimas.
En 1.939, cuando la república española cayó y la guerra se cernía sobre el resto de Europa, Lázaro Cárdenas, presidente mexicano, nombró a Gilberto Bosque Cónsul General en París (no embajador, porque consideraba que le daría así más libertad para sus estudios). También actuaba como enviado personal del presidente de México en Europa.
Bosques salió de París cuando la ciudad estaba a punto de ser tomada por los alemanes. Restableció el Consulado General en Marsella, dentro de la zona del gobierno de Vichy, nominalmente independiente de los alemanes.
Su 1ª misión fue defender a los mexicanos residentes en la Francia no ocupada.
Muy pronto recibió instrucciones del presidente Lázaro Cárdenas para que tramitara Visas para los ciudadanos españoles que escapaban del Régimen golpista de F. franco.
Gilberto, no sólo alojó a refugiados, mujeres y niños españoles, a la espera de los visados.
También instituyó una oficina para defender, ante los tribunales, a los republicanos, cuya extradición era exigida por el franquismo al gobierno de Petain.
Desde Marsella, el diplomático tuvo que hacer frente al hostigamiento de las autoridades francesas proalemanas, al espionaje de la Gestapo, del gobierno de Franco y de los diplomáticos japoneses.
Los avatares a los que tanto él como su familia se vieron sometidos están ya relatados.
En julio/2018 se publicó en México la novela "Aquellas horas que nos robaron, el desafío de Gilberto Bosques", de la autora mexicana Mónica Castellanos.
Cuando Bosques regresó a México miles de refugiados españoles y judíos lo esperaban en la estación de ferrocarril de Buenavista de la capital el 29 de marzo de 1.944 para recibirlo.
Entre los muchos españoles a los que que Gilberto Bosques ayudó se encuentran María Zambrano y Manuel Altolaguirre.
El Gobierno de la Rca española en el Exilio, le entregó, en 1.956 la orden de la Republica Española por su labor a favor de los exiliados españoles.
El delegado del Mº de Presidencia del gobierno de España excusó la ausencia del Sr. ministro, por encontrarse en ese día asistiendo – con una delegación española – a un acto similar en Austria.
Nos confirmó, algo que ya suponíamos, el intenso trabajo del equipo que viene desarrollando el equipo que elaboró la última ley sobre Memoria democrática, así como el ingente trabajo que queda por hacer. Por eso agradeció la implicación de la sociedad civil en la gran tarea de recuperar a las víctimas y devolver la dignidad a quienes, en unos casos murieron por defender la democracia, y en otros tuvieron que sufrir el exilio.
Posteriormente, y porque en el mismo cementerio estuvieron enterrados cientos de brigadistas internacionales, que vinieron a España para defender a la República española del fascismo, y entregaron su vida en el empeño, los asistentes al acto nos desplazamos a la zona donde quedan únicamente unas lápidas que recuerdan su memoria, para depositar allí los claveles y guardar un minuto de silencio y respeto.
Aquellos héroes, únicamente reconocidos por los españoles republicanos, y en no pocas ocasiones agredida su memoria por los herederos del franquismo, que vandalizan los monumentos en su memoria.
En el exilio
Nuestras almas gritan
Nuestros sueños lloran
Nuestros cuerpos temblorosos de dolor
Caminamos sin rumbo
Como fantasmas en la noche
Buscando un lugar para descansar
Un lugar para olvidar
Un lugar para vivir
Nuestras vidas son una pesadilla
Un sueño interminable
Un camino sin final
Una lucha sin esperanza
Pero seguimos adelante
Porque somos españoles
Y no nos rendimos nunca"
Autor: Idris Pons
Porque los golpistas se apropiaron de la palabra patria, la izquierda republicana, la izquierda española, olvidó que era imprescindible recuperar la palabra que dió sentido al exilio de tantos y tantos españoles y españolas que murieron lejos de ella añorándola.
No hubo dos Españas. No hay dos Españas.
Hay demócratas españoles, y españoles a los que les sobra la democracia.
Un país sin Memoria está habitado por una sociedad enferma. Un país sin memoria sería un país sin futuro. En España ya se está convirtiendo el silencio en un clamor para defender la memoria de aquellos que nos dieron la más valiente de las lecciones: defender la democracia de la patria en la que se habita.
A nosa Asociación recibe o Premio 1º de Maio ao compromiso social e a solidariedade
Este venres 28 de abril, o Presidente da Asociación José M Domínguez Freitas recibiu de mans da Secretaria Xeral da Unión Comarcal de CCOO de Vigo Montse Carrera Leirós, o premio que o Sindicato outorga anualmente as persoas e asociacións destacadas polo seu compromiso social e solidariedade. Este ano, tamén recibiu o galardón o histórico sindicalista de Telefónica Julio Prado.
O acto contou coa asistencia das autoridades locais e provinciais e outras personalidades, así como a de Oscar Menéndez Díaz, Director da Fundación Juan Muñíz Zapico de Asturias e ao remate actuou o coro Cantos de Liberdade.
Na súa intervención o Presidente da nosa Asociación agradeceu a concesión do premio a Unión de CCOO de Vigo, e expuxo as actividades que ven realizando a Asociación e os proxectos de futuro.
Identificados dou dos sete republicanos asasinados polos franquistas, enterrados na fosa común do cemiterio de Celanova
abaixo a noticia de Faro de Vigo:
I XORNADAS DE MEMORIA HISTÓRICA
Ó longo dos días 27, 28 e 31 de marzo, e coorganizadas polo IES A Sangriña e a nosa Asociación, coa colaboración do Concello da Guarda, celebráronse as I Xornadas de Memoria Histórica.
Tiveraon lugar no IES, en xornada de mañá, e na Casa dos Alonsos ou no Centro Cultural, en xornada de tarde. Ó longo dos tres días acompañounos Xesús Alonso Montero, Xosé Ballesta e Beatriz de Lis, e o Dr. Fernando Serrulla.
Tanto o alumnado do IES como o público en xeral mostráronse moi satisfeitos polo temas tratados e a importancia dos conferenciantes.
Isto anímanos a proseguir no futuro con estas xorandas, obxectivo que compartimos co IES da Sangriña.
Vídeos das Xornadas:
Declaracións do antropólogo forense Fernando Serrulla na Fosa Común do Cemiterio de Celanova
Vídeo facilitado polo Comité de Memoria Histórica de Celanova
O diario "El Comercio" informa da aparición dos cadáveres dos sete fusilados en Celanova, que foran trasladados dende o Campo de Concentración de Camposancos.
enlace ao artígo:
Acto de lembranza de Cleominio Muñiz Lorenzo
Organizado pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica do campo de Concentración de Camposancos e Fosa Común de Sestas, e presentado por Bárbara Domínguez González. Ó seu carón, sitúase o violinista Leo Blanco Novoa, titulado superior en violín e música de cámara polo Conservatorio Superior de Oviedo, na actualidade profesor no Conservatorio de Vigo que interpretou en primeiro lugar o Himno de Riego.
Seguidamente tomou a palabra José A. Uris Guisantes que fixo unha breve semblanza dos sete primeiros republicanos falecidos no Campo de Concentración: Cleominio Muñiz Lorenzo de Avilés; Anastasio Hernández Martín de Salamanca, veciño de Matico (Bilbao); Maximino Díez Llorente de Don Juan (León), veciño de Xixón; Isidoro Prieto Polo de Mieres (Asturias); Ramón Llerandi Vallejo de Villamayor - Piloña (Oviedo); Camilo Álvarez Hernández de San Martín de Iruña (Oviedo) e Camilo Arango García de Los Cabos (Oviedo).
Bárbara presenta e agradece en nome da Asociación o infinito recoñecemento ao autor do monumento, Daniel Pazó Piedra de Nigrán que explicou o porqué se interesou pola historia do rapaz estudante de 18 anos Cleominio Muñíz Lorenzo morto por disparos dun centinela, o 18 de novembro de 1937.
De seguido, Leo Blanco interpretou ao violín "Siciliana" de María Theresa Von Paradís, dando a palabra ao presidente da asociación, José Manuel Domínguez Freitas:
"A nosa Asociación leva algo máis de dous anos de andadura nos que, por fortuna, sacamos adiante uns cantos proxectos que nos fan estar ben satisfeitos. A Unidade Didáctica que levamos ós Centros de Ensino, o libro "A Porta do Inferno", a reposición das lápidas da Fosa Común de Sestas, son algunhas das maos destacadas. Para estas e outras cousas que virán no futuro, temos contado con inestimables axudas: da Fundación 10 de Marzo de CC.OO, da Fundación Muñiz Zapico de Asturias, da Asociación de Memoria MIlitar Democrática, da Federación de Pensionistas de CC.OO. de Vigo, do Concello da Guarda, dos Herdeiros de Juan Noya Gil e de Manuel Domínguez Pacheco "Taxota" e tantas outras persoas, Pero no acto de hoxe quixera destacar dous principais agradecementos. En primeiro lugar ás persoas que fixeron posible o monumento que imos inaugurar. Daniel Pazó, canteiro, escultor afeccionado que tivo a idea e lle deu forma de maneira desinteresada. A José Manuel Rodríguez Crespo que sempre estivo na loxística. Moitas grazas aos dous. En segundo lugar, a esas persoas que fixeron posible que dende 1937, nunca faltaran flores na tumba,. Esas persoas mantiveron durante 85 anos a memoria de Cleominio, sen elas, este acto, este recoñecemento público non sería posible. Inmensa gratitude a todas elas. Hai unhas poucas semanas apróbase a no va Lei de Memoria Democrática que xa tivo unha primeira consecuencia. Queipo de Llano, culpable da morte de 45.000 persoas, saía, con nocturnidade da Macarena. Os seus familiares tiveron que facelo a escuras, esquivando ós medios de comunicación. Pola contra, nós, aquí, a plena luz do día e con satisfacción, lembramos a Cleominio e seis compañeiros máis que deron a súa vida por ser fieis ós ideais da República. Os partidos políticos de dereitas e algunha parte da cidadanía deste país vennos acusando ós que loitamos pola verdade, pola xustiza, e pola reparación de que rompemos o espírito da Transición. É pregunto, preguntamos é que o espírito da Transición amparou ós xenocidas? É que hai que esquecer o que fixo Queipo e tantos outros? É que non se pode revisar o que pasou en miles de Consellos de Guerra que condenaron a morte a miles de persoas ? É que os familiares dos que aínda están en cunetas e fosas, non teñen dereito a darlles sepultura digna ós seus? É isto é revolver o pasado como argumentan algúns ?. Non será mais ben, que lles interesa tapar o que aconteceu naqueles anos ? Agora é máis fácil a loita porque hai leis que nos amparan. Durante moitos anos escuros e duros, a loita tivo que facerse dende o anonimato e con tódalas cautelas.Pero algúns e algunhas tiveron coraxe para facelo, para manter viva a memoria. Grazas por ese corazón tan grande. Sinto hoxe unha satisfacción especial que entre nós están familiares (Fefa, Cecilia e José Benito) do albanel camposino, Cándido Martínez Martinelli e de Josefa Vicente Martínez. Cándido foi artífice de preparar a tumba de Cleominio e colocar unha cruz abandonada, súa esposa de poñer flores ao igual que fixeron as camposinas, Eladia Loureiro Vega, Avelina Vázquez do Barrio do Palomar (casada anos mais tarde con un prisioneiro), Blanca Carrero Veiga (esposa de Agustín Moeira Portela) Todas elas, ata hoxe sen saír a luz pública foron (entre outras mais de Salcidos e A Guarda) as que axudaron a ducias de prisioneiros".
De seguido tomou a palabra Marcos Santos Soto da Asociación da Memoria
Militar Democrática. Para rematar os familiares de Cándido e Josefa levantaran
as bandeiras republicanas do monumento, quedando inaugurado baixo o son do
violín de Leo Blanco Novoa que interpretou a Internacional acompañada das
voces dos presentes.
Presentación no Concello de Nigrán
O pasado domingo, día 23 de outubro, tivo lugar en Nigrán a presentación da nosa Asociación e do libro A porta do inferno, dentro do mes de Memoria Histórica que organiza cada ano o Concello.
Interviron José Antonio Uris Guisantes, coautor do libro, e Elvira González Comesaña, secretaria da Asociación. Contouse ademáis coa asistencia do alcalde, Juan González Pérez e de varios socios, ente eles o presidente, José Manuel Domínguez Freitas e Alberto Torres, secretario do sindicato de pensionistas da Unión Comarcal de Vigo de CCOO. Ó remate, celebrouse un coloquio cos asistentes.
Charla coloquio sobre o Campo de Concentración de Camposancos na Sala de Plenos do Concello de A Guarda
O venres 20, as 18:30h celebrouse a charla coloquio titulada " a porta do inferno". Moderada pola Secretaria da ARMH do Campo de Concentración de Camposancos e a Fosa Común de Sestás Elvira González, interviron o Presidente da asociación José M. Domínguez Freitas, a Secretaria da Comisión de Estudos Memoria e Cultura de CCOO de Cataluña Dolors Yuvé e o Presidente da Fundación Muñiz Zapico de Asturias Pepe García. Despois do coloquio actuou o Coro Cantos de Liberdade.
Balance da iniciativa de bonos-donativo para a substitución de tres lápidas na Fosa de Sestás
No mes de outubro do pasado ano procedeuse á sustitución de tres lápidas e a restauración das outras dúas na Fosa Común de Sestás. Ademais, engadiuse unha placa co nome de José María Fernández Inclán, unha das 49 persoas executadas, que non figuraba.
Para levar adiante esta obra puxemos a disposición de asociados e asociadas, amigos e veciños uns bonos-donativo de 10 €.
O saldo resultante adicarase na súa totalidade ao mantemento da Fosa. O noso sincero agradecemento a tódalas persoas que colaboraron de xeito solidario e desinteresado.
Xa se substituíron as lápidas deterioradas do monumento da Fosa de Sestás
O 17 de outubro quedaron rematados os traballos de substitución das lápidas deterioradas do monumento na fosa do cemiterio de Sestás aos 49 fusilados alí soterrados. Tamén se engadiu o nome do número 49 dos executados, que porque por razóns descoñecidas non figuraba nas lápidas. Así que, debaixo da placa central consta o nome de José María Fernández Inclán nado o 5 de xullo de 1910 en Figares-Salas, veciño de Nava (Asturias), casado, mestre, fillo de Jesús e Emilia.Consello de Guerra en Camposancos. Pena de morte, executado o 2 de xullo de 1938.
Donativos para substitución de tres lápidas do monumento da Fosa Común de Sestás.
O paso do tempo fixo que as tres lápidas centrais se atopen moi deterioradas, polo que imos substituilas por outras novas coas mesmas características.
No ano 1985, a Comisión Cidadá Pro-Fosa Común de Sestás fixo posible, coa inestimable colaboración económica de moitas persoas de ben, a construción do monumento de dita fosa. Agora para a substitución das lápidas, igualmente por medio duns "bonos" donativo, imos recoller os fondos necesarios para tal fin.
Se queres colaborar adquirindo estes "bonos" donativo de 10€, podes facelo directamente aos membros da Directiva da Asociación, ou ingresándoo na conta da Asociación: ES33 2080 5038 4730 4002 8399, e si nos facilitas o teu correo electrónico, te remitiremos a acreditación da tua achega.
Presentación do Libro "A Porta do Inferno", no Centro Goianés
O 30 de setembro, José Antonio Uris Guisantes e Víctor Manuel Santidrián Arias fixeron a presentación do seu libro "A porta do inferno" no Centro Goainés (Goián).
Reportaxe de A Nova Peneira: O campo de concentración de Camposancos memoria perenne do terror fascista en Galicia
enlace ao artígo no botón de abaixo
Asemblea anual da ARMH do Campo de Concentración de Camposancos e Fosa Común de Sestás
O pasado venres, 29 de xullo, celebramos a Asemblea anual de soci@s na Escola da Poza. Nela
déronse conta das actividades levadas a cabo neste último ano e adiantáronse proxectos cara o ano
próximo. Congratulámonos de participación dos asistentes e de ter incorporados tres novos membros
á directiva. Estamos seguros de que con a colaboración de todos e todas está máis cercano o día que
en Camposancos contemos cun Centro de Interpretación da Memoria Histórica.
Presentación do libro A Porta do Inferno
no MARCO de Vigo.
Ás 19h:30 horas do 18 de xuño, no MARCO de Vigo, tivo lugar a presentación do libro A porta do inferno. O campo de concentración de Camposancos.
Os autores, José Antonio Uris Guisantes e Víctor Manuel Santidrián Arias estiveron acompañados por Emilio Crespo Correa, presidente da Fundación 10 de marzo de CCOO e de José Manuel Domínguez Freitas, presidente da Asociación para a recuperación da memoria histórica de Camposancos e fosa común de Sestás, quen destacou o feito de que o último alcalde republicano de A Guarda, Brasilino Álvarez, foi encarcelado, xulgado e posteriormente executado, no edificio do MARCO, adicado entón a albergar os Xulgados de Vigo, onde se celebraron consellos de guerra sumarísimos.
Nas diferentes intervencións púxose de manifesto a oportunidade desta publicación e a necesidade de manter viva a memoria das persoas que sufriron e deron a súa vida por defender os ideais de xusticia e liberdade ou, simplemente, por manterse leais á República, réxime lexítimo que se proclamou en España en 1931.
O libro presenta unha introdución ó sistema concentracionario franquista, percorre os diferentes campos de concentración en Galicia e, finalmente, céntrase no campo de concentración de Camposancos, onde se fala das instalaciós, dos tribunais militares e dos miles de presos que por alí pasaron, dando conta das condiciós de vida e das sentencias a morte que se ditaron e executaron. Apórtase unha importante mostra de documentación real, procedente dos arquivos.
Ademais, ofrece uns interesantísimos anexos cos nomes dos prisioneiros, os condenados, os fusilados e os falecidos por enfermidade. Asimesmo, atopamos os nomes dos militares agregados ó campo e o resume dos diferentes Consellos de Guerra celebrados en Camposancos.
O interese que suscitou está presentación quedou de manifesto polo numeroso público asistente, entre quen vimos ó profesor Xesús Alonso Montero e outras persoas relacionadas con mundo da política e da cultura.
Fragmentos en vídeo das intervencións de, José Manuel Domínguez Freitas, Víctor Manuel Santidrián Arias e José Antonio Uris Guisantes.
Homenaxe en Celanova ós sete asturianos fusilados no 36 e que foron xulgados e condenados en Camposancos
O sábado 4 de xuño tivo lugar en Celanova unha homenaxe ós sete asturianos fusilados no 36 e que foron xulgados e condenados en Camposancos. Os actos, ós que asistiron familiares de dous dos falecidos, rematou con dúas conferencias que se celebraron no salón de actos do Instituto Celso Emilio Ferreiro. Na primeira delas, José Antonio Uris presentóu o libro A porta do Inferno, do que é co-autor. O presidente da nosa asociación, José Manuel Domínguez Freitas, e o representante da "Fundación 10 de marzo", Emilio Correa Crespo, dirixeron un saúdo ós presentes. Na segunda conferencia, o doutor Fernando Serrulla, médico forense, e Fran Alonso, arqueólogo do equipo Histagra, falaron sobre o programa de exhumacións, os traballos que desenvolveu o equipo no último ano e os previstos para a presente campaña, entre os que se inclúe unha intervención en Celanova.
Presentación en A Guarda,
do libro "A porta do inferno"
Ás 20 horas do 22 de abril, no salón de plenos do Concello de a Guarda, tivo lugar a presentación do libro A porta do inferno. O campo de concentración de Camposancos.
Os autores, José Antonio Uris Guisantes e Victor Manuel Santidrián Arias, estiveron acompañados por Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guardia, José Manuel Domínguez Freitas, presidente da "Asociación para a recuperación da memoria histórica de Camposancos" e Emilio Crespo Correa, da "Fundación 10 de marzo de CCOO".
Nas diferentes intervencións púxose de manifesto a oportunidade desta publicación, tendo en conta os tempos convulsos que estamos a vivir, onde as guerras non son cousa dos pasado, e a necesidade de manter viva a memoria das persoas que sufriron e deron a súa vida por defender os ideais de xustiza e liberdade, ou simplemente, por manterse leais á República, réxime lexítimo que se proclamou en España en 1931.
O libro presenta unha introdución ó sistema concentracionario franquista, percorre os diferentes campos de concentración en Galicia e, finalmente, se centra no campo de concentración de Camposancos, onde se fala das instalacións, dos tribunais militares e dos miles de presos que por alí pasaron, dando conta das condicións de vida e das sentencias a morte que se ditaron e executaron.
Ademais, ofrece uns interesantísimos anexos cos nomes dos prisioneiros, os condenados, os fusilados e os falecidos por enfermidade. Así mesmo, atopamos os nomes dos militares agregados ó campo e o resume dos diferentes Consellos de guerra celebrados en Camposancos.
O interese que suscitou esta presentación quedou de manifesto nas 150 persoas que encheron o salón de plenos do Concello.
A "Porta do Inferno" no diario Faro de Vigo
O diario "Faro de Vigo" adicoulle ao Campo de Concentración de Camposancos un artigo a dobre páxina no seu semanal "Estela" do 30 de xaneiro. Para realización do artigo, a periodista contou coa colaboración do compañeiro da nosa Asociación, José A. Uris Guisantes.
para leer o artigo en PDF preme no botón de abaixo
Presentación da Unidade Didáctica no Museu de Caminha
20/11/2021. Este pasado mércores, quarta-feira portuguesa, estivemos en Caminha presentando a Unidade Didáctica. O acto tivo lugar no Museu e a organización correu a cargo do profesor Torres Bento. Asistiron, fundamentalmente, ensinantes de secundaria. Este feito ten, entendemos, unha gran importancia porque supón contar cunha imprescindible correa de transmisión para chegar ó alumnado. Ó remate houbo un interesante coloquio, mostra do interese suscitado.
Presentación da Unidade Didáctica no Colexio PP Somascos da Guarda
02/11/2021 Continuando coa presentación da Unidade Didáctica, hoxe estivemos no colexio PP Somascos da Guarda. Queremos destacar o interese que mostrou o alumnado de cuarto da ESO co que estivemos. Ó remate da nosa exposición, alumnos e alumnas formularon moitas preguntas tanto sobre o contexto histórico como sobre o CCC e a Fosa Común. Agradecémoslle á dirección do centro e ó departamento de sociais o acollemento que nos dispensaron.
Presentación da Unidade Didáctica no Colexio das Carmelitas da Guarda
29/10/2021 Continuando coa presentación da nosa Unidade Didáctica, esta mañán estivemos no colexio das Carmelitas da Guarda. Queremos agradecer, en primeiro lugar, a disposición do centro para poder estar co alumnado de cuarto da ESO e poder falarlle do que aconteceu no Campo de Concentración e de cal é a historia da Fosa Común de Sestás. Tamén queremos resaltar a atención que alumnas e alumnos prestaron á exposición de Carlos Alonso Ucha, que se centrou no contexto histórico previo ó golpe de estado, e de Freitas que falou do acontecido no noso Campo de Concentración.
Actos da homenaxe aos 49 republicanos fusilados na Guarda por defender a democracia
O 19 de outubro de 2023, organizado polo sindicato de pensionistas de CCOO coa colaboración da ARMH do Campo de Concentración de Camposancos e a Fosa Común de Sestás, e do Concello da Guarda, celebrouse a homenaxe anual aos 49 asasinados pola represión franquista soterrados no cemiterio de Sestás.
Ao medio día houbo un xantar de confraternidade no Tegra, entre asturianos e galegos, no que ao remate tomaron a palabra o Presidente da nosa asociación, José A Dominguez Freitas e o Director da Fundación Muñiz Zapico.
Ás cinco da tarde, diante do monumento en Sestás, realizouse unha ofrenda floral na que, ademais de cidadáns da Guarda, participaron un grupo desprazado dende Vigo e outro de pensionistas dende Asturias. Na mesma, dirixíronse a os asistentes: Por parte de CCOO o Secretario do Sindicato de Pensionistas de Vigo, Alberto Torres, a Secretaría Xeral da Unión Comarcal de Vigo, Montse Carrera e a Secretaria Xeral do Sindicato Nacional de Galicia, Amelia Pérez. Pola Fundación Muñiz Zapico de Asturias, falou o Director anterior, Oscar Menéndez e o actual Director, Toño Huerta. Por parte das institucións políticas interviu a Directora Xeral de Emigración e Memoria Democrática do Goberno de Asturias, Begoña Serrano, e finalizou o Alcalde de A Guarda, Roberto Álvarez Carrero.
As 6 e media, no Salón de Plenos do Concello de A Guarda, o profesor Xesús Alonso Montero pronunciou a conferencia, "Poemas escritos nas prisións franquista (1937-1974)", breve crestomatía con textos en galego e en castelán, dous inéditos. Ao rematar o acto, cantou o coro "Cantos de Liberdade".
para leer o texto da conferencia preme no botón de abaixo
Homenaxe aos 49 defensores da legalidade da república executados e soterrados no cemiterio de Sestás
Como todos os anos convocado pola Unión Comarcal de CCOO de Vigo, o venres 20/10/22 celebrouse diante do monumento da Fosa Común do Cemiterio de Sestás, o homenaxe aos 49 defensores da legalidade da república executados, que están alí soterrados. Nesta ocasión tamén participaron dous grupos de CCOO de Asturias e de Cataluña. No homenaxe presentados polo Secretario Comarcal de Pensionistas de Vigo Alberto Torres, falaron o Presidente da ARMH de Camposancos e a Fosa Común de Sestás Jose M. Domínguez Freitas, Dolors Yuvé e Pepe García en representación dos compañeiros de Cataluña e Asturias, Paco Carrera da Unión Comarcal de CCOO de Vigo, e pechou o acto o alcalde de A Guarda Antonio Lomba. Ao final o Coro Cantos de Liberdade cantou "A Internacional".
Manifiesto de la AMMD en apoyo del proyecto de creación de un Centro de Interpretación del antiguo Campo de Concentración de Camposancos (A Guarda)
La Asociación por la Memoria Militar Democrática (AMMD), asociación de
reciente creación que aúna a Ciudadanos Militares y ex-Militares
Españoles de ideas democráticas, por el presente escrito quiere
manifestar públicamente su total apoyo, y el de todos sus miembros, a la
"Asociación pra Recuperación da Memoria Histórica do Campo de
Concentración de Camposancos e a Fosa Común de Sestás" en su
iniciativa para tratar de preservar el viejo edificio y finca del antiguo
colegio de los Jesuitas en Camposancos y crear un Centro de
Interpretación del campo de concentración. De esta forma, preservar...
para leer o manifesto preme no botón de abaixo
Presentación da Unidade Didáctica nos IES de Nigrán, "Val Miñor" e "Proval"
Continuando coa presentación da Unidade Didáctica nos institutos, nesta ocasión estivemos nos IES de Nigrán. Os días 1 e 5 de abril charla estivo dirixida ó alumnado de 2º de bacharelato do IES Val Miñor
O día 20 de abril estivemos có alumnado de 1º de bacharelato do IES Proval
Ofrenda floral na Fosa de Sestás, sinatura de Acordos coa ARMH do Campo de Concentración de Camposancos, e Charla-Coloquio no Centro Cultural de A Guarda.
Onte, 14 de outubro, no cemiterio civil de A Guarda, tivo lugar a ofrenda floral que CCOO leva a cabo tódolos anos, dende hai vinte e cinco. Ó acto asistiron veciños de A Guarda e Vigo, afiliados de CCOO e membros da "ARMH do campo de concentración de Camposancos e fosa común de Sestás". Tomaron a palabra o Alcalde de A Guarda, Antonio Lomba e Benjamín Gutiérrez, representante da fundación "Juan Muñiz Zapico" que deu lectura ó comunicado. Contóuse tamén coa presencia de Montse Carrera, Secretaria Xeral da U.C. de Vigo e de Alberto Torres, Secretario do sindicato de pensionistas e xubilados de Vigo.
Posteriormente, e xa no salón de actos do Centro Cultural de A Guarda procedéuse á firma dos convenios de colaboración entre a "ARMH de Camposancos" representada polo seu presidente José Manuel Domíguez Freitas e as seguintes organizacións:
-Fundación "10 de marzo" das CCOO de Galicia, representada por Emilio Crespo.
-Unión Comarcal de CCOO de Vigo, representada por Montse Carrera
-Sindicato de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Vigo, representado por Alberto Torres
-Fundación "Juan Muñiz Zapico", representada por Benjamín Gutierrez.
Este acto que ten un significado especial, xa que simboliza a colaboración das catro entidades no traballo para a recuperación da memoria democrática
continuou cunha charla-debate presentada por Montse Carrera, na que interviron o Alcalde de A Guarda, que manifestou a súa satisfacción polo acto e o seu apoio ás tarefas que se están a levar adiante. A continuación tomou a palabra José Manuel Domínguez Freitas que puxo de relieve as actividades que a Asociación leva a cabo. Logo, José Antonio Uris, vicepresidente da Asociación e coñecedor como ninguén da historia do campo, centrou a súa disertación sobor o recoñecemento ás mulleres republicanas. Por último, Víctor Sanchidrián, da fundación "10 de marzo", informou do libro sobre os campos de concentración, centrado no de Camposancos, que está a facer en colaboración con Uris e que verá a luz nunha data próxima.
Despóis da intervención dalgúns asistentes, o acto rematou coa actuación da coral "Cantos de Liberdade" que interpretou Grandola, vila morena, e A Internacional.
Presentación no Instituto da Sangruiña da Unidade Didáctica
13/10/2021. Esta mañá, a ARMH do Campo de Concentración de Camposancos e Fosa Común de Sestás presentou no IES A Sangriña a unidade didáctica elaborada para alumnado de 4 de ESO. Presentou o acto o Director do IES Carlos Alonso Rey, e interviron Freitas, Javier Crespo e Uris Guisantes.
O obxectivo da unidade é dotar dun material didáctico ao profesorado e alumnado na materia de Historia en 4º de ESO, que permítalles coñecer o que aconteceu no Campo de Concentración de Camposancos, a realidade da Fosa Común de Sestás e en xeral, a represión franquista que se levou a cabo aquí, durante a Guerra Civil e anos posteriores da dictadura.
Homenaxe ós sete mozos asturianos que foron condenados en consello de guerra no Campo de Concentración de Camposancos e executados en Celanova o 22 de setembro de 1939.
25/09/2021. Convidados polo Comité de Memoria Histórica da comarca de Celanova, esta mañá asistimos unha representación da ARMH do Campo de Concentración de Camposancos, ó acto de homenaxe ós sete mozos asturianos que foron condenados en consello de guerra no Campo de Concentración de Camposancos e executados en Celanova o 22 de setembro de 1939. O acto tivo dúas partes.
A primeira desenrolouse no Instituto de Secundaria, que ocupa unha parte do mosteiro de san Salvador, e que naqueles infaustos anos foi cárcere. Os discursos das autoridades, entre elas un representante do goberno asturiano, e da presidenta do Comité evocaron a inxustiza cometida cos sete mozos e con moitos milleiros máis e pediron reparación. Fermosos poemas e sentidas pezas musicais foron o acompañamento perfecto.
Visita ao Colexio da Pasaxe do Delegado do Goberno en Galicia
O 26/08/2021, visitaron o Colexio dos Xesuitas da Pasaxe, Campo de Concentración de Camposancos, o Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a Subdelegada en Pontevedra, Maica Larriba, acompañados polo Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e outros membros da Corporación. Asistiron en nome da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica do Campo de Concentración e a Fosa Común de Sestás, Uris e Freitas.
No transcurso da visita Uris fixo un percorrido pola historia do Campo de Concentración e Freitas entregoulle ó Delegado un escrito onde se recollen os fins da Asociación, con especial fincapé no obxectivo de radicar en Camposancos un Centro de Interpretación dos campos de concentración franquistas. Así mesmo, no escrito solicítaselle ó Delegado unha entrevista para explicarlle todo polo miúdo, que atenderá en canto lle sexa posible.